O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuníronse hoxe con representantes do Circo de Artesáns da Coruña para coñecer a folla de ruta da programación conmemorativa do seu 175 aniversario durante este ano 2022.
No encontro estudáronse posibles vías de colaboración coa agrupación, que é unha das máis antigas de Galicia e España pola que pasaron diferentes figuras da intelectualidade, literatura, ciencia, pensamento e política. Destaca tamén a súa intensa actividade cultural con concertos, recitais poéticos, obras de teatro ou conferencias.