Friday 22 de November de 2024

Camariñas será sede dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia


· A cita, organizada polo Concello en colaboración coa Peña Ciclista Baikers do Vilán, disputarase o 6 de febreiro.

Camariñas será a sede dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego (FCG). A cita no municipio camariñán, a 3H BTT Circuíto da Caramiña, está organizada polo Concello en colaboración coa Peña Ciclista Baikers do Vilán.

A Copa Galicia de Resistencia arrincará o 23 de xaneiro, cunha primeira xornada en Noia, e prolongarase ata o 13 de febreiro, cando se celebrará a 3 Horas Resistencia BTT Concello de Muros. En Camariñas, a proba disputarase o 6 de febreiro.