Friday 22 de November de 2024

Unhas 150 persoas desfrutaron da recepción dos Reis Magos en Boqueixón


A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu hoxe a tradicional recepción dos Reis Magos, na que participaron preto de 150 persoas. Unha actividade na que participaron unicamente nenos e nenas empadroados en Boqueixón ou matriculados nun centro educativo do municipio, que nos últimos días xa rexistraron a súa participación na web municipal.

Previamente tivo lugar o espectáculo “Os tres porquiños”, unha obra musical con bonecos a tamaño real da compañía EducaTeatro Producións, e o tradicional sorteo de agasallos, en colaboración con SBC Gasolineras.