O Reis Magos de Oriente visitaron hoxe durante toda a mañá as 19 parroquias que forman o Concello de Touro. En cada unha das parroquias entregaron agasallos a nenos e nenas. O percorrido comenzou en Quión ás 10.45 horas. E seguiu en Beseño, Turces, Circes, Calvos, Santirso de Cornado, Andeade, Novefontes, Fao, Riveira, Enquerentes, Fontes Rosas, Loxo, Bama, Prevediños, Foxás, Bendaña e Vilar. O visita rematou na capital do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Alí os Reis Magos chegaron ata o campo da festa, onde recibiron aos nenos e nenas que esperaban. Os foguetes anunciaron a súa chegada.
Os Reis Magos entregaron agasallos á veciñanza máis nova. Durante todo o percorrido mantivéronse as medidas sanitarias de distancia social, desinfección de mans e uso de máscara para manter afastada á Covid19 nesta sexta onda da ómicron. Este ano e tamén o anterior os veciños e veciñas de Touro non poideron recibir aos Reis Magos no Pavillón de Deportes, onde tradicionalmente se instalaba o Belén Viviente. A pandemia evitou esta celebración, que concentraba a nenos e nenas de todas as parroquias de Touro e tamén de outros concellos. O Concello de Touro confía en que no próximo 2023 poida celebrarse a chegada dos Reis como xa é tradición e desexa que esta noite os Magos traballen moito para levar agasallos a todas as casas do municipio de Touro.