Os Reis Magos xa están en Camariñas. A alcaldesa, Sandra Insua, está falando con eles nas instalacións da Lonxa mentres as Súas Maxestades agardan a que mellore algo o tempo para comezar o seu percorrido, que se estenderá durante toda a xornada e os levará a todas as parroquias do municipio.