Os Reis Magos visitarán Brión mañá mércores 5 de xaneiro nun autobús de época que percorrerá as distintas parroquias entre as 10:30 e as 20:00 horas. O percorrido definitivo será o seguinte:
• 10:30 h. Local Social de CORNANDA
• 11:00 h. Adro da Igrexa da LUAÑA
• 11:30 h. Adro da Igrexa de VICESO
• 12:15 h. Adro da Igrexa de ONS
• 13:15 h. Parada do transporte escolar de Tembra – BOULLÓN
• 16:30 h. Adro da Igrexa de BASTAVALES
• 17:30 h. Entorno da Capela de SAN SALVADOR
• 18:00 h. Campo de San Ramón – O TREMO
• 19:00 h. Adro da Igrexa dos ÁNXELES
• 20:00 h. Praza do Concello – BRIÓN
En cada parroquia a rapazada poderá falar durante uns minutos cos Reis Magos, entregarlles as súas cartas e pedirlles os seus agasallos. As persoas que asistan deberán gardar a distancia de seguridade interpersoal en todo momento, evitando os grupos entre persoas non conviventes. Ademais, utilizarase máscara en todo momento e cada neno/a só poderá estar acompañado por unha persoa adulta, como máximo.