O Concello de Cambre recibiu unha decena de profesores de diferentes nacionalidades europeas dentro dun proxecto docente coordinado polo IES David Buján. Pasarán toda a semana en Cambre acompañados pola dirección e os coordinadores do proxecto “Our Landscape, ourhome, our school”. Os catorce profesores, chegados de Lituania, República Checa, Polonia e Turquía, prepararán xunto aos mestrescambreses os modelos de novas actividades, metodoloxía e ferramentas para potenciar o respecto pola natureza e a historia entre os nosos alumnos. Foron recibidos pola edil de Educación,María Jesús González Roel, e posteriormente visitaron o museo arqueolóxico e a igrexa de Santa María de Cambre, no centro urbano do municipio.
Por outro lado, unha comitiva do mesmo instituto de ensino secundario viaxou onte rumbo a Barcelona para participar naExporecerca (Congreso internacional para mozos investigadores http://magmarecerca.org/es/exporecerca-2/inscripcio/), onde presentarán o traballo seleccionado ” Comer goma de mascar ao tempo que facemos un exame mellora os resultados? “. A XVII edición de Exporecerca Jove que se celebrará en Barcelona entre o 26 e 28 de marzo acollerá aos alumnos Uxía García, Marta Paz eNoa Viñas do IES David Buján.