Friday 22 de November de 2024

O Concello cancela a recepción real por “precaución” e ofrecerá un percorrido dos Reis Magos por todo o termo municipal


· Desde o goberno local sinalan que foi unha decisión “difícil, pero a nosa prioridade foi, é e seguirá sendo a saúde”.

Atendendo á situación sanitaria actual, o Concello adaptará a visita dos Reis Magos ao municipio. Ante a suba de casos covid-19, o Concello cancelará a tradicional recepción real mantendo, iso si, o percorrido das Súas Maxestades de Oriente por todo o termo municipal. Desde o goberno local sinalan que foi unha decisión “difícil, pero a nosa prioridade foi, é e seguirá sendo a saúde”.

Inicialmente, e tras o percorrido dos Reis Magos por todo o municipio, o Concello ía realizar a recepción real no Campo da Feira, acompañada por unha actividade de animación familiar con chocolate e roscón de Reis para o público asistente.

Finalmente, co fin de evitar aglomeracións, os monarcas percorrerán todas as parroquias do municipio, parando nas inmediacións dos locais sociais para saudar aos máis pequenos e pequenas. O circuíto será o que, a continuación, se indica:

· Xalo: 15:00 horas

· Cabrois: 15:20 horas

· Quembre: 15:40 horas

· Barcia: 16:00 horas

· A Cabra: 16:20 horas

· O Canedo: 16:40 horas

· As Travesas: 17:00 horas

· Veira: 17:20 horas

· Tabeaio: 18:00 horas

· Gosende: 18:20 horas

· Sergude: 18:30 horas

· San Vicente: 18:50 horas

· Cañás: 19:10 horas

· Paleo (centro de Carral): 19:30 horas

· Saúdo dos Reis dende o balcón do Concello: 20:00 horas

As horas do tour real son orientativas. Desde o goberno local pregan a todos os veciños e veciñas que cumpran con todas as medidas de prevención fronte a covid-19.