As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán o próximo mércores, 5 de xaneiro de 2022, as 19 parroquias do Concello de Touro. Repartirán caramelos e agasallos cumplindo sempre as restriccións impostas a causa da pandemia da Covid19. O Concello de Touro descarta un ano máis celebrar o tradicional Festival de Reis, que reunía aos máis pequenos de Concello de Touro no Pavillón de Deportes para recibir ás Súas Maxestades de Oriente. A situación da pandemia da Covid19 así o aconsella.
O percorrido do Reis en Touro comenzará ás 10.45 horas no Campo da Festa de Quión. E seguirán Beseño (11.00 horas), Turces (11.10 horas), Circes (11.35 horas), Calvos (11.50 horas), Santirso de Cornado (12.05 horas), Andeade (12.15 horas), Novefontes (12.30 horas), Fao (12.45 horas), Riveira (13.00 horas), Enquerentes e Fontes Rosas (13.15 horas), Loxo (13.30 horas), Bama (15.15 horas), Prevediños (15.30 horas), Foxás (15.45 horas), Bendaña (16.00 horas) e Vilar (16.15 horas). Rematarán o percorrido no Campo da Festa de Touro, en Fonte Díaz, ás 17.00 horas. O Concello de Touro lembra aos asistentes que teñan presente as tres M: Máscara, lavado e desinfección de Mans e dous Metros de distancia de seguridade entre persoas non convivintes.