“De boas madeiras” é o título da mostra que abre o calendario de exposicións da Casa da Cultura de Fene neste 2022. O escultor ourensán Xosé Manuel Rodríguez “Moxom” está detrás desta colección na que se poderán ver até o vindeiro 31 de xaneiro un total de 16 obras de diversos tamaños. Primordialmente son “figuras femininas, con rostros e posturas naturais, con moita cor, lembrando os meus inicios no mundo do cómic”, afirma Moxom. Aínda que este venres 7 de xaneiro o horario de visitas será unicamente de mañá, de 10.00 a 14.15 horas (e o sábado 8 e o domingo 9 a instalación permanecerá pechada), a partir do vindeiro luns, 10 de xaneiro, a mostra poderá visitarse de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Os domingos e festivos a Casa da Cultura de Fene está pechada.
Segundo o artista, en “De boas madeiras” as obras “non teñen unha temática definida posto que cada unha é distinta e xorde do que a forma da madeira me suxire en cada momento”. Hai tamén tres pezas:
“O camiñante” , “La danceuse” e “A lectora” que son unha visión persoal de obras de Caspar David
Friedrich, Monet e Hooper, respectivamente. En canto aos materiais, todas as pezas son de madeiras,
principalmente de uz, carballo, salgueiro, bidueiro e, ocasionalmente, de castiñeiro, plátano de sombra,
etc. Son madeiras “recollidas nos encoros, nos camiños e nas leiras da Galiza, procurando sempre o
aproveitamento de material sen cortar madeiras novas. Así consigo dalgunha maneira que a madeira pola que non corre xa a savia cobre vida de novo”.
Moxom
Xosé Manuel Rodríguez “Moxom” (Ourense,1964) comenza no mundo da banda deseñada na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario, colectivo dinamizador da BD en galego. Nesta época naceron do seu maxín: Indiana Xones, o Capitán Palheiro e tamén as persoaxes da Historia da Lingua en Banda Deseñada. Desaparecido o colectivo comezou a súa andaina, totalmente autodidacta, como “Moxom” no mundo da escultura de madeira aló polo ano 1996. Dende aquela suma máis de 70 exposicións por toda Galicia e é incapaz de contabilizar as pezas que leva tallado ate hoxe, que continúa creando sen descanso.
Algunhas desas exposicións foron: en 2003, Casa da Xuventude de Ourense, Mosteiro de Montederramo, Castelo de Castro Caldelas; en 2004, na Casa da Xuventude de Ourense, Mosteiro De Montederramo, Mosteiro de Xunqueira de Espadañedo, Castelo de Castro Caldelas; en 2005, Centros Comarcais de toda Galicia: Trives, Castro Caldelas, Carballiño, A Estrada, A Paradanta, Palas de Rei, Celanova, Monforte de Lemos, Buño, Ordes, Viveiro, Lalín, Restaurante A Fábrica de Vilanova, Allariz, Galería Visol (colectiva); en 2010, Centro Cultural da Diputación de Ourense. Edificio Simeón, Casa da Xuventude de Ourense, Galería Arcana. Vilanova De Arousa; en 2011, Universidade Laboral Ourense, Ateneo de Ourense; en 2012, Sala El Cercano.Ourense, Galería Visol (colectiva), Feira do Libro de Pontevedra; en 2013, Edificio Simeón. Diputación de Ourense (colectiva), Feira do Libro de Pontevedra, Casa da Cultura de Barbadás, Fundación Vicente Risco, Allariz,Ourense; en 2014, Exposición Arte Na Ribeira Sacra, Fábrica Da Luz, Parada do Sil, Taberna do Acevedo, Xunqueira de Ambía; en 2015, Exposición Colectiva Culturaqueune en Vila Real (Portugal) e en Pontevedra, Sala O Cercano, Ourense; en 2016, Auditorio de Ourense (colectiva), A Musa da Paz; en 2017, Exposición No Cabo Vilán