· As obras tamén incluíron a ampliación dun dos ramais de conexión coa estrada AC-432.
O Concello de Camariñas ven de rematar os traballos de renovación do firme na rúa Cruceiro, en Xaviña. A obra tamén incluíu a ampliación dun dos dous ramais, neste caso o norte, que conecta a citada vía coa estrada autonómica AC-432.
Para a ampliación da vía chegouse a un acordo co propietario dunha finca colindante, na que existe un hórreo e dous tipos de peche. Nun primeiro tramo, o peche de formigón foi derrubado para executar un novo e, no segundo, reconstruíuse o muro de mampostería de pedra existente movéndoo cara unha nova posición. No caso do hórreo, só se tirou o recheo que complementa a base orixinal do mesmo.
Grazas a esta actuación agora xa poden pasar amplamente dous coches á vez e tamén camións, dúas situacións que antes non eran posibles.