Saturday 16 de November de 2024

A Xunta realiza obras de mellora e renovación de equipamento no CAPD da Coruña por un valor de preto de 500.000 euros neste ano 2021


Entre as actuacións atópase a creación dun arquivo e melloras na cociña do centro, entre outras

A Xunta realizou obras de mellora e renovación de equipamento no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña por un valor de 500.000 euros neste ano 2021. A secretaria xeral técnica de Política Social, María Francisca Gómez, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitaron hoxe as instalacións para comprobar o resultado das actuacións.

En concreto, reformouse a planta do semisótano para a creación dun arquivo do cal carecía o centro nestes momentos. Ademais, realizáronse obras menores para a renovación do chan da cociña, a adquisición de novas campás extractoras ou a creación dunha carpa. Paralelamente, adquiriuse material novo grazas aos fondos procedentes do mercadillo solidario que organiza Inditex polo Nadal.

Entre o material adquirido atópanse camas de enfermaría e xeriatría, pantallas dixitais, impresoras, ordenadores portátiles e material de fisioterapia, entre outros. Unha renovación integral que permitirá mellorar a calidade de atención deste centro integrado dentro da rede pública galega de atención.