Friday 22 de November de 2024

O Concello de Brión inviste máis de 150.000 euros na compra dun novo tractor e dunha rozadoira para a brigada municipal de obras


A nova maquinaria destinarase a manter en condicións óptimas as estradas de titularidade municipal

O Concello de Brión vén de investir 157.864 euros na compra dun novo tractor e dunha máquina rozadoira para a súa brigada municipal de obras. Unha maquinaria que foi entregada por responsables da empresa adxudicataria, Maquinaria Agrícola del Noroeste SL.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explica que “esta maquinaria destinarase a manter as estradas de titularidade municipal en condicións óptimas de limpeza. Ademais, servirá tamén para facer mais eficiente o propio traballo das brigadas municipais xa que os dotará duns medios mecánicos novos que lles permitiran realizar as súas labores dunha forma máis eficaz”.

O tractor, un John Deer modelo 6130M, foi adquirido con fondos propios mentres que a rozadoira de brazo, da marca Bomford modelo Falcon 5.5, foi financiada con cargo a unha achega do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2021 da Xunta de Galicia. A adquisición desta maquinaria é unha mostra da clara aposta do Concello de Brión polo rural, xa que lle permitirá prestar un servizo de maior calidade á veciñanza.