O portavoz do Goberno, José Manuel Lage, presentou a programación do primeiro semestre do 2022
O portavoz do Goberno municipal, José Manuel Lage, presentou hoxe a programación do primeiro semestre de 2022 do Teatro Rosalía de Castro.
Inclúe 13 obras teatrais de gran nivel escénico e interpretativo, tal e como detallou durante o acto celebrado esta mañá no Teatro e que contou tamén coa presenza do director do Rosalía, Xosé Paulo Rodríguez.
A oferta conta con destacadas compañías, directores e actores tanto a nivel galego como nacional. O Ciclo Principal comezará o 28 e 29 de xaneiro con ‘True West’, de San Shepard, adaptada por Eduardo Mendoza e dirixida por Montse Tixé, que conta entre o seu elenco con Tristán Ulloa ou Jeannine Mestre. Ás dez representacións habituais deste ciclo, súmanse tres funcións que só se representarán un día.
“A programación que presentamos hoxe para o primeiro semestre de 2022 responde a espírito do Teatro Rosalía nos seus 180 anos de historia, ofrecer o mellor da escena galega e española, dende o equilibrio, a pluralidade e dando resposta á súa vocación de servizo público”, sinalou José Manuel Lage durante o acto de presentación. Todas as funcións programadas cumprirán coas esixencias sanitarias decretadas polas autoridades en cada momento.
Todas as funcións serán ás 20.30 os venres e os sábados a excepción de ‘Moria’, que terá dous pases cada día, ás 18.30 e ás 20.30 horas. A partir desde 27 de decembro e ata o 4 de xaneiro do 2022 os aboados do Teatro Rosalía de Castro poderán retirar as súas entradas para os espectáculos no quiosco da praza de Ourense. Do 7 ao 10 de xaneiro estará aberto o período de novas altas. As entradas sairán a venda o 13 de xaneiro. O prezo irá desde 5 euros por unha función a 126,38 euros o abono completo nas mellores
localidades.
José Manuel Lage destacou que “esta programación é unha mostra máis do compromiso que ten o Goberno de Inés Rey co mundo da cultura, un compromiso do que temos dado conta en múltiples ocasións, mantendo os investimentos durante os meses máis duros da pandemia e contribuíndo dun xeito moi destacado ao mantemento do sector cos plans de recuperación postos en marcha por este Concello”.
Programación completa
● 28 e 29 de xaneiro: ‘True West’, de De San Shepard. Adaptación de Eduardo Mendoza. Dirección de Montse Tixé. Coprodución de Octubre Producciones, Tanttaka Teatroa e Bitò Produccions. Con: Tristán Ulloa, Pablo Derqui, José Luis Esteban e coa colaboración especial de Jeannine Mestre.
● 4 e 5 de febreiro: ‘Moria’, escrita por Ruth Sánchez, Marta Vieira, Mario Vega, Luis O’Malley, Nicolás Castellano e Valentín Rodríguez. Dirección de Mario Vega. Espectáculo con aforo reducido, dous pases cada día, un ás 18.30 e outro ás 20.30 horas. Unahoramenos Produciones. Con: Marta Vieira, Ruth Sánchez.
● 11 de febreiro: ‘RIF (de piojos y gas mostaza)’, de Mariano Llorente e Laila Ripoll. Dirección de Laila Ripoll. Micomicón en coprodución co Centro Dramático Nacional e A Priori. Con: Arantxa Aranguren, Néstor Ballesteros, Juanjo Cucalón, Ibrahim Ibnou Goush, Carlos Jiménez-Alfaro, Mariano Llorente, Mateo Rubistein, Sara Sánchez e Jorge Varandel
● 18 e 19 de febreiro: ‘Atocha. El revés de la luz’, de Javier Durán con dirección de Javier Durán. Coprodución de Javier Durán e I.N.K Producciones. Con: Nacho Laseca, Fátima Baeza, Frantxa Arraiza, Alfredo Noval, Luis Heras e Miguel Pancorbo.
● 4 e 5 de marzo: ‘El cuaderno de Pitágoras’, de Carolina África con dirección de Carolina África. Centro Dramático Nacional. Con: Manolo Caro, Emmanuel Cea, Gldys Ibarra, Helena Lanza, Ascen López, Jorge Mayor, Nuria Mencía, Victoria Teijeiro.
● 12 de marzo, ‘Tierras del Sud (Trilogía Pacífico)’, con texto, investigación e posta en escena de Txalo Toloza-Fernández, coreografía de Laida Azkona. Coprodución Antic Teatre, Festival TNT e Azkona&Toloza. Con: Laida Azkona Goñi, Txalo Toloza-Fernández.
● 18 e 19 de marzo: ‘Eva contra Eva’, de Pau Miró, dirección de Silvia Munt. Bitò Produccions. Con: Ana Belén, Mel Salvatierra, Javier Albalá, Manuel Morón, Ana Goya.
● 27 de marzo: ‘El diablo en la playa’, texto e dirección de Ana Vallés. Programación Especial Día Mundial do Teatro 2022. Matarile en coprodución con AGADIC. Con: Celeste & Claudia Faci.
● 1 e 2 de abril: ‘Lo fingido verdadero’, de Lope de Vega, dirección de Lluís Homar. Compañía Nacional de Teatro Clásico. Con: María Besant, Montse Díez, Israel Elejalde, José Ramón Iglesias, Ignacio Jiménez, Álvaro de Juan, Jorge Merino, Francisco Pozo, Aisa Pérez, Arturo Querejeta, Verónica Ronda, Aina Sánchez, Eva Trancón.
● 8 e 9 de abril: ‘Smoke on the water’, texto e dirección de Santiago Cortegoso. Premio de Teatro Mome Varela Buxán 2013. Ibuprofeno Teatro. Con: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas, Mon Orencio.
● 22 e 23 de abril: ‘Erresuma. KingDom. Reino’, baseada nos dramas históricos de Ricardo II, Enrique IV, Enrique V, Enrique VI e Ricardo III, con versión e dirección Calixto Bieito. Teatro Arriaga en coprodución co Teatro Español, Teatro Principal de Vitoria, teatro Victoria Eugenia e Muxikebarri. Con: José María Pou, Joseba Apaolaza, Lucía Astigarraga, Ylenia Baglietto, Ainhoa Etxebarria, Miren Gaztañaga, Iñaki Maruri, Koldo Olabarri, Lander Otaola, , Eneko Sagardoy
● 20 e 21 de maio: ‘As que limpan’. Idea e dirección de Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Co apoio dramatúrxico de Paula Carballeira. Coprodución A Panadería e Centro Dramático Nacional. Con: Areta Bolado, Noelia Castro, AIlén Kendelma
● 17 e 18 de xuño, ‘Los Santos Inocentes’, de Miguel Delibes. Adaptación de Fernando Marías e Javier Hernández Simón, con dirección Javier Hernández-Simón. De GG Producción e Teatro del Nómada en coprodución con Carallada!!, Aj Claqué, María Comunicación, Mardo, Juan Carlos Castro, Saga Producciones e Diodati se mueve. Con: Javier Guttiérrez, Pepa Pedroche, Fernando Huesca, Yune Nogueiras, Marta Gómez, Ramón Barea, José Fernández, Raquel Varela, Jacobo Dicenta.