O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, fixo entrega dos alimentos recollidos na Campaña de Nadal a Concepción Gómez Lagares e María Aurora Patiño Rial, representantes de Cáritas no municipio,. Unha campaña que, por oitavo ano consecutivo, permitiu recoller alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas…) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e que non teñan superada a data de consumo preferente.
Roberto Rey agradeceu “a colaboración de todos os veciños e veciñas de Frades, así como dos establecementos e entidades, que cada ano fan posible esta recollida solidaria coas familias máis necesitadas de Frades”. Este ano participaron o supermercado Loli e o salón de peiteado Patricia Tacón (Abellá), os supermercados Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades (Ledoira) e o CPI Ponte Carreira.