Saturday 16 de November de 2024

O teatro cine Elma volve ser escenario dun festival solidario


O canto, o baile e a música tradicional serán os protagonistas na xornada do 2 de xaneiro con Nadal con Caramiñas, un festival solidario a favor da loita contra o cancro que organiza a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A cita desenvolverase a partir das 18.30 horas, no teatro cine Elma.

A entrada é de balde ata completa-la cabida e habilitarase un stand para a recollida de donativos en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a través da xunta local da Pobra, para contribuír así á investigación, ademais de axudar na asistencia ás persoas enfermas e familiares.