Friday 22 de November de 2024

O GES de Brión colabora na excarceración dun ferido leven nun accidente na AG-56 e asiste a unha persoa na Gándara (Negreira)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou hoxe en dúas actuacións de asistencia en sendos accidentes producidos na Autovía Santiago-Brión e no lugar da Gándara (Negreira), que se saldaron con dous feridos leves.

Así, os técnicos do GES recibiron ás 6:00 horas de hoxe unha chamada do 112 alertando dun accidente con persoas atrapadas nos vehículos no km 7 da Autovía Santiago-Brión (dirección Santiago). Os técnicos chegaron co BUL ao lugar do accidente entre os dous vehículos, un dos cales estaba volcado e cunha persoa ferida leve no seu interior. Os técnicos do GES brionés colaboraron cos da ambulancia medicalizada na extracción da persoa. Tamén colaboraron a asociación de voluntarios de Protección Civil de Ames, Garda Civil de Tráfico, bombeiros de Boiro e persoal da empresa encargada do mantemento da autovía.

O segundo sinistro tivo lugar ás 13:00 horas, cando o 112 informa dunha persoa inconsciente nunha finca no lugar de Gándara, no Concello de Negreira, e que ata o lugar se desprazarán o 061 e un helicóptero. Os técnicos brioneses desprazáronse novamente co BUL e, ao chegar, a persa xa estaba consciente e foi trasladada na ambulancia ao hospital para a súa revisión. Tamén colaborou a Policía Local de Negreira.