― O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras de substitución dos canlos e reparación da cubeta, dos chans e de reparación do murete perimetral
― Na area sanitaria de A Coruña leváronse a cabo obras de mellora tamén nos centros de saúde de Irixoa, Coristanco, Laracha, Carballo, Oleiros, Curtis, Paderne e na cidade da Coruña nos Rosales e Labañou por un importe de máis de 210.000 euros.
― O obxectivo destas achegas é mellorar a calidade asistencial do centro de saúde e para facilitar o seu uso por parte dos veciños
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou as obras de mellora que se levaron a cabo no centro de saúde de Ponteceso que supuxeron un investimento do Goberno galego de máis de 79.000 euros.
O representante do Goberno galego supervisou o resultado das obras de rehabilitación de cubierta que recolleu tamén a colocación do canlón perimetral interior en chapa de zinc de 0.65mm, e prolonogación de tubarías de ventilación existentes no baixo cuberta.
A Xunta tamén financiou o pintado das paredes exteriores incluíndo a limpeza a presión de todas as superficies, rascado de desconchados, emplastecido e selado de fisuras e varias mans de pintura. Ademais, levouse a cabo a reparación do murete perimetral incluíndo a aplicación de mortero e selado de fisuras. Finalmente, tamén se renovou todo o chan vinílico por pavimento vinílico.
O delegado da Xunta puxo en valor este apoio económico da Xunta para mellorar a calidade asistencial do centro de saúde e para facilitar o seu uso por parte dos veciños e destacou o esforzo inversor por parte do Goberno galego para acondicionar o edificio municipal no que se presta o servizo sanitario aos veciños de Ponteceso.
Trenor apuntou tamén que na província da Coruña levaronse a cabo actuacións menores en 28 centros de saúde por un importe de 640.000 euros e concretamente na área da Coruña realizaronse obras de mellora nos centros de saúde de Irixoa, Coristanco, Laracha, Carballo, Oleiros, Curtis, Paderne e na cidade da Coruña nos Rosales e Labañou, estas actuacións xunto coa levada a cabo en Ponteceso supuxeron un investimento de mais de 210.822,27 euros
Renovación de infraestruturas de atención primaria
En particular, na provincia de A Coruña, nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de Coristanco, Oleiros, A Coruña (Novo Mesoiro), Cambre, Malpica, Arteixo, Culleredo, Santiago (Galeras). Nesta lexislatura vense de poñer en marcha o novo centro de saúde de Ames (Milladoiro), Melide ou Narón e as reformas de Ortigueira, Mugardos, As Pontes, Ribeira ou Bertamiráns. Asinamos convenio para a construción do novo centro de saúde de Abegondo e xa está licitada a redacción do seu proxecto e temos asinado convenio de colaboración co concello de A Coruña para a construción do novo centro de Saúde de Santa Lucía.
No que respecta aos centros de titularidade municipal, foron xa reformados nestes últimos anos, a través de cofinanciamento cos concellos, os centros de saúde Oza-Cesuras, Arteixo, Cabanas, Boimorto, Valdoviño, Malpica, Padrón, Coristanco e Cee. Temos asinado neste 2021 convenios para reforma dos centros de titularidade municipal cos concellos de Monfero, Bergondo e Valdoviño.
Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 93 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as 2 obras que están en marcha. En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.
Para todo isto, é fundamental actuar tamén nos centros de saúde que aínda seguen a ser de titularidade municipal. Existe un Pacto Local para ir asumindo progresivamente desde a Xunta estes centros. Desde 2009 xa se asumiron máis de 90 e, aínda que o proceso é lento, hai que destacar que, desde 2017, a distribución que a Xunta fai do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local, inclúe a previsión de compensar os custos de mantemento dos centros de saúde do grupo 1, que son aqueles coma este cuxo edificio está dedicado integramente ao fin sanitario.
Así, nos orzamentos da Xunta de 2022 prevese a reserva de 2,4 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local aos concellos de menos de cincuenta mil habitantes que teñen que asumir os gastos de funcionamento dos centros de saúde da súa titularidade. Polo tanto, a Xunta colabora cos concellos no mantemento habitual destes centros e colabora tamén cando, como neste caso, hai que facer reformas importantes.