A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá a representantes de entidades dos Mallos co obxectivo de abordar de primeira man as necesidades do barrio. A Plataforma Veciñal dos Mallos e a Asociación de Comerciantes Distrito Mallos, agradeceron á alcaldesa o incremento da presenza de efectivos policiais no barrio, derivados das súas xestións ante a Delegación do Goberno para incrementar a seguridade na zona.
As asociacións demandaron á alcaldesa o incremento de actividades informativas no Centro Cívico, destinadas a maiores e xóvenes, así como outras cuestións relacionadas coa limpeza e a iluminación. Inés Rey comprometeuse a atender as demandas planteadas e seguir investindo nos Mallos para mellorar a calidade de vida no barrio.