Pobra do Caramiñal incorpora ao seu calendario de actividades para estas datas o Nadal Cultural, consistente nunha ruada de temática circense con Nikita Cía. Esta proposta desenvolverase no 22 de decembro, con saída da praza Alcalde Segundo Durán ás 19.00 horas, para percorrer distintos espazos céntricos da vila.
Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).