Saturday 16 de November de 2024

O Concello da Pobra entrega o aguinaldo do Nadal ás persoas que exercen como voluntarias


O goberno municipal da Pobra do Caramiñal fixo a entrega, na tarde do día 20 de decembro, de cadanseu aguinaldo do Nadal ás persoas que exercen o voluntariado na localidade, ben sexa a través da Protección Civil coma da campaña Agora é o momento!, que se estrutura nos ámbitos social, medioambiental, cultural e de benestar animal. Foron así repartidos un total de 40 lotes de produtos típicos destas datas.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o concelleiro do Voluntariado, José Andrés Lojo (Nós Pobra), quixeron trasladar así o agradecemento do Concello polo compromiso e o labor altruísta de todas estas persoas que invisten parte do seu tempo en axuda-la veciñanza e beneficia-lo conxunto da sociedade.