Saturday 16 de November de 2024

As persoas usuarias do CAD reciben a visita de Papá Noel e agasallos polo Nadal


Con motivo destas datas tan sinaladas, un cento de persoas usuarias do Centro de Atención Integral á Discapacidade (CAD), tanto do centro ocupacional coma do Servizo de Atención Temperá, recibiron no teatro cine Elma, no 18 de decembro, a visita de Papá Noel.

Acompañadas das súas familias, puideron trasladarlle os seus desexos para o Nadal. Así mesmo, recibiron agasallos de diversa índole doados por GADISA e cadansúa bolsa de larpeiradas.

Esta actividade foi organizada polo propio CAD, dependente da Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG).