Na xornada deste 20 de decembro transcorreron as últimas visitas efectuadas por parte de Papá Noel aos distintos centros educativos de infantil e primaria da Pobra do Caramiñal, as cales se iniciaron no pasado día 17.
Nesta ocasión desprazouse ata o CEP Salustiano Rey Eiras, EEI Fernández Varela e unitaria da Granxa; mentres que na pasada semana se achegou ata as unitarias do Campo-A Angustia, Vilariño, CEP Pilar Maestú Sierra e Monte Carmelo.
Estes encontros coas crianzas atópanse adscritos á programación do Nadal configurada dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).