Thursday 21 de November de 2024

O III Concurso de Tapas ‘Saborea Cariño’ reparte ao redor de 800 petiscos


· Celebrouse o acto de entrega de distincións aos establecementos gañadores e levou a cabo o sorteo dos premios aos participantes.

· O primeiro premio do xurado foi para Cervexaría Bitácora e o segundo, xunto co galardón do público, para Taberna Bardancas.

Continúa consolidándose o concurso de Tapas ‘Saborea Cariño’, que ano tras ano consegue un éxito de participación e aceptación entre os veciños e veciñas do municipio. Nesta terceira edición, que se realizou do 3 ao 5 de decembro, os 4 establecementos hostaleiros participantes repartiron ao redor de 800 petiscos especiais.

Onte, venres 17 de decembro, tivo lugar o acto de entrega de distincións aos establecementos gañadores das votacións do público e aos do xurado, no que participou o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, os membros do xurado e os locais. Na deliberación do xurado, o primeiro premio foi para Cervexaría Bitácora, coa súa tapa ‘Delicia de Outono’, e o segundo premio e a votación popular para Taberna Bardancas co petisco ‘ Koñakrajoña’.

O xurado, que estaba composto por dous cociñeiros do Grupo Nove, Javier González e Álvaro Villasante, valorou para tomar a súa decisión final criterios como a elaboración; o cheiro, textura e sabor; a presentación, a calidade do servizo prestado e a orixinalidade e a textura.

Ademais, tamén se celebrou o sorteo de premios entre aqueles que cubriron o folleto de participación con 4 selos dos bares participantes, que nesta ocasión foron Taberna Bardancas, Nordeste, Cervexaría Bitácora, Chiringuito San Xiao.

O concelleiro de Cultura, Jonathan Miranda, mostrouse encantado pola acollida que tivo este certame e declarou que “este ano era aínda máis importante se cabe cumprir o obxectivo polo que celebramos esta iniciativa, que é o de dinamizar a hostalería do municipio” e espera que na próxima edición sómense máis establecementos.