Friday 22 de November de 2024

José Luís Pérez visita as obras do CPI Cabo de Area


Nesta visita o alcalde quixo comprobar como avanzaban as obras de reforma que se están a levar a cabo con un investimento próximo aos 400.000 € no centro educativo.

O alcalde de Laxe José Luís Pérez visitou o centro educativo CPI Cabo de Area para comprobar como ían os traballos que se están a facer neste centro educativo e que contan con un investimento de preto de 400.000 euros.

Nesta visita o alcalde na compaña da directora do CPI Dona Cristina, visitaron varias instalacións do centro, para comprobar o seu estado e si os danos sufridos polos temporais habían ocasionado algún dano máis, como no caso da biblioteca do centro, que nestes intres esta ateigada de libros e a que tiveron que acondicionar para protexelos no caso de posibles filtracións de auga.

O alcalde, José Luís Pérez comprobou que as obras están cumprindo as expectativas e así llo transmitiu a directora do centro. O investimento para este centro consta de varias actuacións nas cales cambiarase boa parte da carpintería do edificio de primaria, saneando e pintado a estrutura metálica na zona da entrada do edificio de secundaria, e a substitución integral da cuberta da cafetería e vestiarios, ademais procederase a substituír os vidros do lucernario da entrada do edificio. Completarase coa instalación
dun illante térmico exterior do cerramento do edificio de primaria e do de secundaria (moitas destas xa realizadas, en todo ou en parte).

Na conversa coa directora, o alcalde comunicoulle que está tramitando para principios do ano o poder adaptar o acceso dos alumnos ao centro para que non se mollen cando entran no colexio os días de choiva, estudando entre todos a mellor solución, e decantándose por reformar a entrada de vehículos, para que os autobuses poidan acceder ata a entrada do centro, evitando así que os alumnos teñan que expoñerse ás inclemencias do tempo.