A Banda de Música Isabel II de Touro, protagonista do Festival de Nadal de Touro, que se celebra mañá sábado, 18 de decembro de 2021
A Banda de Música Isabel II de Touro será a protagonista do Festival de Nada de Touro, que se celebrará mañá sábado, 18 de decembro de 2021, a partir das 18.00 horas no CPI Fonte Díaz de Touro. O festival contará con audicións, esembles instrumentais e con interpretacións da Banda Xuvenil e da Banda de Música Isabel II de Touro, que seleccionaron un repertorio para estas festas de Nadal. Os organizadores, tanto o Concello de Touro como a Banda de Música Isabel II de Touro, anuncian que se tomarán todas as medidas de bioseguridade para preservar a saúde dos asistentes e tamén dos músicos.