Friday 22 de November de 2024

Subvencións solicitadas polo concello


Ao abeiro das diferentes convocatorias de subvencións que as diferentes administracións foron publicando nestes últimos meses, o concello da Pobra do Caramiñal preparou as solicitudes oportunas para acudir a estas.
Entre elas temos as habituais de todos os anos para a contratación temporal de diverso persoal ou a cesión de uso de vehículos, máis en concreto:
1. Deputación Provincial da Coruña:
a. Subvención para a contratación de persoal de limpeza de praias. Solicitouse unha subvención para a contratación de 10 persoas a tempo parcial durante 3 meses.
b. Subvención para a contratación de persoal de obras e servizos. Solicitouse o máximo permitido pola convocatoria para o noso concello, 1 oficial de 2ª e 2 peóns a tempo parcial durante 3 meses.
2. Xunta de Galicia:
a. Subvención a través dos programas de cooperación. Solicitáronse 20 socorristas a tempo completo durante 3 meses e para o C.A.D. 1 monitor de novas tecnoloxías, 1 monitor de artes plásticas e 1 ordenanza, todos a tempo parcial e por 6 meses.
b. Subvención para contratación de persoas perceptoras da RISGA. Solicitouse a contratación de 2 persoas a tempo parcial durante 7 meses.
c. Solicitude de cesión dun vehículo policial para substitución dun dos existentes e que están a dar continuos problemas mecánicos.
d. Adxudicación de equipamento de emerxencias. Solicitáronse un vehículo e unha embarcación pneumática.
Todas estas solicitudes están pendentes da súa aprobación e variarán en función do reparto que cada administración dispoña.
Na Pobra do Caramiñal, a 6 de marzo de 2015.