Saturday 16 de November de 2024

O Concello colabora coa Asociación da Prensa da Coruña na posta en marcha dos campamentos infantís creativos na Casa Picasso


O prazo de inscrición nos obradoiros, que se levarán a cabo entre esta fin de semana e finais de ano, xa está aberto

Desde esta fin de semana, e ata finais de ano, o Concello da Coruña colabora coa Asociación da Prensa da Coruña (APC) na posta en marcha dos campamentos infantís creativos que se levarán a cabo na Casa Picasso (rú Payo Gómez, 14).

Os talleres, dirixidos a pequenas e pequenos entre 6 e 12 anos, ofrecen prazas gratuitas ata completar o aforo máximo de doce nenos e nenas por quenda. O prazo de inscrición xa está aberto, por vía telemática, a través do correo electrónico ludidactica@gmail.com. As prazasserán concedidas por orde cronolóxica de solicitude e a aceptación tamén será comunicada por correo electrónico.

As datas e horarios dos obradoiros, divididos en tres semanas diferenciadas, son as seguintes:
● Semana 1:
○ 18 de decembro: de 18.00 a 20.00 horas.
○ 19 de decembro: de 12.00 a 14.00 horas.
● Semana 2:
○ 21, 22 e 23 de decembro: de 11.30 a 13.30 horas; e de 18.00 a 20.00 horas.
● Semana 3:
○ 28 e 29 de decembro: de 11.00 a 13.30 horas; e de 18.00 a 20.00 horas.
○ 30 de decembro: de 11.00 a 13.30 horas.

As sesións constarán de dúas partes: a primeira, unha charla introdutoria sobre o Picasso coruñés, a cargo do xornalista e especialista Rubén Ventureira, biógrafo do pintor malagueño; e a segunda, o propio obradoiro creativo, impartido por unha empresa especializada.

O legado de Pablo Picasso na cidade da Coruña
Pablo Picasso (Málaga, 1881) viviu na Coruña durante un lustro, entre os nove e trece anos.
Foi na cidade herculina onde espertou o seu xenio creativo, tamén onde executou a súa primeira exposición de pintura.

Os campamentos infantís inspiraranse na obra e vida do artista na Coruña, ofrecendo aos máis pequenos e pequenas a posibilidade de desenvolver multitude de actividades e técnicas creativas, a través das que se fomentará a aprendizaxe sobre Picasso e a cidade entre as nenas e nenos participantes