Monday 25 de November de 2024

Negreira anuncia o acondicionamento dun soar de 6.500 metros cadrados en Labañou


A próxima Xunta de Goberno Local aceptará a cesión deste terreo por parte da Xunta e procederá ao derrubamento de 14 galponespara urbanizar este espazo e convertelo nunha zona axardinada

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou esta mañá que a próxima Xunta de Goberno Local aceptará a cesión de 6.500 metros cadrados en Labañou por parte da Xunta, para o seu acondicionamento: “Levamos moito tempo traballando nesta vella demanda veciñal de Labañou e esperamos empezar os traballos na primeira quincena de abril”, sinalou o alcalde.
Trátase dun espazo situado no grupo de vivendas Pardo Santayanano que, na actualidade, existen 14 galpones en desuso e en condicións de insalubridade. Tras a cesión aprobada onte no Conselo da Xunta, o Goberno local dará o seu visto e prace na próxima Xunta para incorporala ao inventario municipal e acometer obras de acondicionamento que permitan poñer esta superficie a disposición dos veciños.
Trátase de conectar a rúa Metal con ao travesía das Roseiras, a través dun camiño peonil, así como demoler os galpones para converter o soar nunha zona axardinada para o esparexemento dos veciños.
Tal e como recordou o alcalde, esta cesión súmase a outras realizadas neste mandato, como os máis de 3.500 metros cadrados na praza do Comercio ou os 17.000 metros cadrados de Palavea: “Con este conxunto de accións logramos resolver problemas de fai 15 ou 20 anos co obxectivo de devolver a calidade urbana a todos os veciños”.
CAFETERÍA DE LA TORRE
Por outra parte, o alcalde informou de que se presentaron 3 ofertas para a instalación dunha cafetaría na Cidade Deportiva da Torre, un servizo moi demandado polas máis de 300.000 persoas que acoden cada ano a estas instalacións.
Tal e como avanzou o alcalde, se prevé que poida entrar en funcionamento no segundo trimestre do ano e recordou que o local se situará xunto ao lateral este do edificio do frontón municipal, de modo que se cumpren todos os aspectos normativos e de respecto ao ámbito da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade -xa que a súa instalación non alterará a visión do monumento-; á vez que permitirá a mellor protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e un mellor acceso aos servizos e instalacións da cidade deportiva sen afectar ao seu funcionamento actual. “Queremos ofrecer con este local un lugar de esparexemento e de diálogo para as miles de persoas que acoden cada ano”, subliñou.