A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á bendición do Belén da Catedral de Santiago que se trasladou á igrexa de Santa María do Camiño na rúa Travesa. Os visitantes poderán contemplar este Nacemento realizado en estilo napolitano, que conta con arredor de 500 figuras feitas de maneira artesanal e, moitas delas, con automatismos para darlle movemento.
A Xunta colabora neste Belén propiedade da Catedral duns 40 metros cadrados no que se representan o Nacemento de Xesús, a Anunciación aos pastores, así como moitas escenas da vida cotiá e oficios tradicionais.