Friday 22 de November de 2024

Conde aborda coa nova xerente de Galicia Calidade os retos da marca de garantía


O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con Ana Méndez, que vén de asumir o cargo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro coa nova xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.

Na reunión tiveron ocasión de abordar os retos aos que se enfronta a marca de garantía dependente da Xunta, que na actualidade certifica produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas.

A ourensana Ana Méndez era ata a data directora de exportación do Grupo Reboreda Morgadío, e conta cunha ampla experiencia tanto no sector agroalimentario, un dos de máis relevo dentro do selo de garantía.

Galicia Calidade leva máis de 25 anos distinguindo produtos e servizos galegos para impulsar a competitividade das empresas galegas nos mercados nacionais e internacionais, achegando confianza e seguridade aos consumidores.