O teatro cine Elma da Pobra do Caramiñal acollerá a partir das 20.00 horas do día 26 de decembro unha cita cunha dimensión musical e solidaria. Trátase do concerto que organiza a Banda Ateneo Musical da Pobra co patrocinio da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
A vertente solidaria vén marcada pola recollida de alimentos, pois a entrada consistirá na entrega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros.
A reserva de prazas efectuarase a través do teléfono de contacto 678895933 ou do enderezo electrónico concertosateneomusicaldapobra@gmail.com. Será preciso indica-lo nome, os apelidos e o número de teléfono por cada asistente.