Saturday 16 de November de 2024

Voluntarias do Roupeiro municipal de Miño colaboran un ano máis no reparto de agasallos de Nadal


Alicia, Ximena e Ánxeles, voluntarias do Roupeiro municipal de Miño, volveron enfundarse un ano máis o traxe de axudantes de Papá Noel e dos Reis Magos para colaborar no reparto de agasallos deste Nadal.

Grazas ao seu esforzo e a todas as doazóns recibidas ao longo das últimas semanas, xa están preparados os presentes para que este ano a alegría poida chegar aos fogares de toda a rapazada de Miño.

Desde o Concello transmitimos o noso máis profundo agradecemento polo inestimable labor tanto destas voluntarias como do resto de persoas que colaboran co servizo do Roupeiro municipal non só nestas datas, senón tamén no resto do ano.