Saturday 16 de November de 2024

A Xunta colabora con cinco concellos de Bergantiños-Costa da Morte para a renovación de sete vehículos de servizos municipais híbridos ou enchufables cun investimento de máis de 341.000 euros


— O delegado da Xunta presentou na Laracha dous dos novos vehículos, un deles adquirido cos Fondos de Compensación Ambiental e outro ao abeiro da orde da nova axudas para o financiamento de vehículos, mediante o sistema de renting, para os corpos de policía local

— Trenor explicou que estes proxectos teñén un efecto exemplarizante ao contribuir a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impluso da sustentabilidade nas administración públicas, en concreto nas entidades locais

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou esta mañá os dous novos vehículos do parque móbil do Concello da Laracha adquiridos grazas a un poio da Xunta de máis de 63.000 euros.

Un destes vehículos adquiriuse ao abeiro dos Fondos de Compensación Ambiental que se destinan de forma directa aos concellos e o segundo deles ao abeiro das axudas de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a concellos para o financiamento de vehículos, mediante o sistema de renting, para os corpos de policía local, unha nova orde que contou cun orzamento de 1.075.200 euros do Fondo de Compensación Ambiental, que esixe que os vehículos subvencionados teñen que ser tamén eléctricos ou híbridos e ci distintivo ambiental Cero emisións ou Eco.

Trenor destacou que ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental ordinarios dirixidos aos municipios e desta nova orde de renting que se abriu por primeira vez este ano, a Xunta apoiou a adquisición de 7 novos vehículos municipais. A Laracha (2), Coristanco (2), Cee (1), Vimianzo (1) e Laxe (1) cunha axuda que ascende en total a máis de 341.000 euros.

O Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canón eólico e permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos en Galicia por máis de 108 millóns de euros. Nesta liña, Trenor explicou que estes proxectos teñén un efecto exemplarizante ao contribuir a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambietne das medidas de eficiencia enerxética e de impluso da sustentabilidade nas administración públicas, en concreto nas entidades locais.

Como indicou Gonzalo Trenor, “desde a Xunta seguimos traballando para acadar unha Galicia cada vez máis segura coa cesión de material aos concellos galegos, tanto aos Grupos de Emerxencia Municipal como ás agrupacións de Protección e tamén ás policías locais”. Desde xeito, subliñou o delegado “a Xunta segue a demostrar o seu compromiso nun eido tan importante para a ciudadanía como a seguridade dos cidadáns, ademais de fomentar o uso de vehículos non contaminantes”.