Friday 22 de November de 2024

O Concello repartirá 400 euros entre as compras de Nadal que se fagan na plataforma online ‘Mercamariñas’


· Por cada compra realizada en decembro nos establecementos adheridos a esta tenda en liña entrarase nun sorteo de 10 vales de 40 euros para gastar en calquera local de hostalería do municipio.

· Actualmente a plataforma conta con máis de 1.000 produtos.

O Concello de Camariñas repartirá 400 euros en total entre aquelas persoas que decidan facer as súas compras de Nadal durante estes mes de decembro na plataforma online ‘Mercamariñas’, o Amazon da Costa da Morte que conta xa con máis de 1.000 produtos subidos.

Así, por cada compra realizada nos establecementos adheridos a esta tenda en liña impulsada polo Concello entrarán nun sorteo de 10 vales de 40 euros para gastar en calquera dos locais de hostalería do municipio, contribuíndo a dinamizar estes dous sectores.

Por outra banda, fíxoselles entrega a cada un dos establecementos da plataforma dun código QR para colocar nas portas da súa tenda co obxectivo de que, cando estea pechada, a través dese QR se dirixa aos clientes ao seu espazo propio en ‘Mercamariñas’.

Unha iniciativa similar levouse a cabo durante o Black Friday, cando se sorteou unha gran cesta entre todas as compras realizadas entre ese venres e o sábado, resultando gañadora Noemi Romero Tajes, que explicou que se fixo usuaria da plataforma “pola comodidad que lle supón o facer as compras desde casa”.