Friday 22 de November de 2024

Actividades culturais da semana en Carral


CULTURA OFRECE DÚAS PELÍCULAS DE ANIMACIÓN PARA PÚBLICO FAMILIAR

Dentro do programa de Nadal, a concellería de Cultura ofrece dúas películas para gozalas en familia:

Mascotas 2 (venres 10 de decembro)
Los Croods: una nueva era (venres 17 de decembro)

As dúas películas proxectaranse na Sala de Audiovisuais da Casa da Cultura. Para asistir, é necesario reservar convites no teléfono 981 672 580.

ELEFANTE ELEGANTE PECHA O CICLO DE TEATRO CON PATAPATÚM

A compañía Elefante Elegante presenta este sábado Patapatúm, un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotián. Patapatúm é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias.

A función terá lugar no Local Xente Nova de Tabeaio ás 19:30 h. É necesario reservar os convites chamando ao 981 672 580.

CONTINÚA A RECOMPILACIÓN DE FOTOS REALIZADAS POR CARDOÑA

A concellería de Cultura segue a recompilar para dixitalizar fotografías realizadas polo fotógrafo carralés José Gestal “Cardoña”. O fin da recollida é aumentar o fondo de imaxes que configuran o Arquivo Fotográfico municipal e facer en breve unha exposición dedicada a este fotógrafo.

Para prestar as fotos para a súa dixitalización, as persoas que colaboren deberán dirixirse á Casa da Cultura e recibirán un exemplar do libro Fotos para as mil historias de Carral.