Saturday 16 de November de 2024

Axenda fin de semana en Cariño


Sábado 11 de decembro, a partir das 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Entrada de balde.

Espectáculo incluído dentro do programa CARA A UNHA ESCENA PLURAL. Ao remate, teremos un pequeno coloquio.

Pódese recoller a entrada no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206) ata o venres 10 de decembro.

Dirección e Interpretación: Marta Alonso Tejada
Duración: 60 minutos
Para todos os públicos.

– Premio a Mellor Dirección, Mellor Actriz Principal e Mellor Iluminación no XXV Premios María Casares 2021
– Premio do Público 2021 na MIT Ribadavia
– Premio “Dorotea Bárcena” FETEGA 2021 a Mellor Espectáculo.

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara o posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando. A danza, o humor e a cercanía co público xeran unha atmósfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se se comparte na escena.