Friday 22 de November de 2024

Carral prende a iluminación de Nadal e imparte un obradoiro de decoración temática entre o alumnado do municipio


· A cita tivo lugar nunha carpa instalada no Campo da Feira e contou coa animación musical do grupo Arnela.

· Ademais do taller infantil, o Concello organizou unha formación práctica sobre olería.

O Concello de Carral prendeu este mércores a iluminación de Nadal no termo municipal nunha xornada cargada de actividades que incluíu un obradoiro de decoración temática entre o alumnado do municipio e acompañamento musical a cargo do grupo Arnela.

A cita tivo lugar nunha carpa instalada no Campo da Feira e comezou ás 16:00 horas co inicio do taller infantil. O obxectivo desta formación gratuíta foi facer partícipe á rapazada na elaboración dos decorados de Nadal dos centros escolares municipais.

Seguindo as instrucións dos monitores da actividade, cada participante traballou con material de refugallo (rolos de papel, la, cordóns, botóns, botes baleiros…) para elaborar os seus adornos.

Por outra banda, a programación da xornada tamén incluíu un obradoiro de olería aberto á participación de veciñas e veciños do municipio.