Friday 22 de November de 2024

O Concello acometerá traballos de saneamento en catro novas rúas da Zapateira


Desde o 2019 o Goberno municipal leva investidos 922.395 euros no barrio, máis que no resto de períodos anteriores

Os traballos afectarán ás rúas Amberes, Marsella, Salzburgo e Roma, e contarán cun orzamento total de 748.201 euros

O Concello da Coruña acometerá nos próximos meses importantes actuacións de saneamento no barrio da Zapateira. Os traballos afectarán a catro rúas e terán un orzamento total de 748.201 euros, derivados do POS da Deputación e dos orzamentos municipais.

A concellaría de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda e Infraestruturas ten previsto comezar en próximas datas os traballos de saneamento da rúa Marsella. Trátase unha actuación cun orzamento total de 372.29,64 euros, dos que o POS achega 157.498,81 euros e o Concello os 214.530,83 euros restantes. Outras labores de saneamento que xa están en fase de licitación son as da rúa Amberes, que serán financiadas polo POS e contan cun orzamento de 86.836,88 euros. Por último, tamén están previstos traballos nas rúas Salzburgo e Roma, cun orzamento de 289.336,47 euros.

Ademais de emprender as obras oportunas de saneamento, o Concello tamén realiza unha actuación completa sobre a rúa, creando unha plataforma única na que se diferencie a zona peonil da calzada, sempre que sexa posible. En caso contrario, urbanízase ata os límites coas vivendas e canalízanse as beiras das vías para evitar zonas de maleza e acumulación de augas.

Desde o 2019, o goberno de Inés Rey investiu un total de 922.395,06 euros (sen contar os 748.201 euros das actuacións previstas) en actuacións no barrio da Zapateira. Trátase da cifra máis alta comparándoa cos anteriores períodos. A continuación, detállanse os diferentes traballos na Zapateira e o seu orzamento.