• Poderán beneficiarse entidades públicas e privadas rexistradas como asociacións en Miño.
• O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 19 de decembro a través do Rexistro Xeral.
O Concello de Miño acaba de convocar unha liña de axudas para a promoción de actividades e investimentos en materia deportiva, cultural, social e de interese xeral no municipio para este ano 2021. As bases aparecen recollidas no BOP do venres 3 de decembro.
As contías máximas destas subvencións serán de 5.000 ou 4.500 euros para actividades culturais e deportivas respectivamente. No caso de investimentos como melloras de infraestruturas ou adquisición de equipamentos, os créditos serán de ata 3.500 e 2.500 euros respectivamente.
Entre os requisitos para beneficiarse desta convocatoria está ser unha entidade pública ou privada sen ánimo de lucro e rexistrada no rexistro municipal de asociacións. Terán que desenvolver as súas actividades no termo municipal e estar ao corrente nas súas obrigacións tributarias ao Concello.
O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 19 de decembro a través do Rexistro Xeral do Concello de Miño.