Saturday 16 de November de 2024

Actividades culturais, deportivas e de ocio para o Nadal 2021 en Carral


• A programación deseñada polo Concello comezará hoxe, sábado 4 de decembro, e rematará o 8 de xaneiro.

O Concello de Carral publicou o seu programa de actividades para este Nadal, cheo de actividades culturais e deportivas para dar alternativas de ocio á veciñanza e fomentar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.

A programación comeza hoxe, sábado 4 de decembro, co XVIII Torneo de Tiro Olímpico, e rematará o sábado 8 de xaneiro co XIX Torneo de Tiro Olímpico e un curso de iniciación á patinaxe. Entre medias, obradoiros, música, cine, patinaxe sobre xeo, teatro, concursos de decoración e, sobre todo, moito deporte, encherán as rúas de Carral.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro o Concello organiza o Campamento Deportivo de Nadal, con temática sobre os xogos olímpicos e os deportes de inverno, que se levará a cabo de luns a venres, de 7:30 a 16 horas, e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 15 anos.
Non faltará a visita de Papá Noel, o xoves 23 de decembro no Campo da Feira, e dos Reis Magos, que farán a súa tradicional cabalgata o 5 de xaneiro desde as 11 horas, pasando por todas as parroquias e chegando ás 19 horas ao Campo da Feira.

Para máis información e inscricións na Casa da Cultura, no teléfono 981 672 580 ou nos correos electrónicos deportes@carral.es e cultura@carral.es