O acto comezará ás 19.00 horas e dous nenas ou nenos e unha avoa ou avó serán os encargados de premer o botón
Haberá case tres millóns de puntos de luz na cidade, distribuídos por todos os barrios
O Concello da Coruña celebrará o acendido das luces de Nadal este sábado 4 de decembro no Obelisco. O acto, que estará presidido pola alcaldesa Inés Rey, comezará ás 19.00 horas e estará dedicados aos máis pequenos e maiores, colectivos que sufriron especialmente durante a pandemia.
Este ano o alumeado de Nadal contará con 2.932.454 puntos de luz led. As luces están distribuídas por todos os barrios da cidade. Hai 550 arcos, 150 motivos en farois, 53 árbores iluminadas, 17 rúas con teitos de luz, 14 prazas con paraugas e marañas de luz, 6 fachadas e elementos emblemáticos iluminados, unha bola de 12 metros na Mariña, tres figuras selfie, un nacemento e unha iluminación especial na praza de María Pita.
Este sábado os nenos e nenas da cidade poderán acudir desde primeira hora da tarde ao Obelisco para depositar un debuxo unhas urnas. Entre eles sortearase quen preme o botón que acciona o alumeado.
O acto dará comezo ás 18.45 horas coa actuación do Mago Román no escenario do Obelisco. Ás 19.00 horas o actor Suso Martínez exercerá de mestre de cerimonias e anunciará o peche das urnas. A alcaldesa Inés Rey tomará a palabra para desexar a todas e todos os coruñeses unhas felices festas e elixirá ao azar o debuxo de dous nenas ou nenos. Tamén participará un avó ou avoa.
Ás 19.30 horas está previsto que finalice a conta atrás para o prendido das luces. O acto estará acompañado por unhas vinte embarcacións de recreo coruñesas, que acenderán desde a Mariña as súas propias luces de Nadal, facilitadas polo Consorcio de Turismo. O acto rematará cun pequeno espectáculo pirotécnico no escenario.
Programación do Nadal
O Concello anuncia este venres tamén un adianto da súa programación para estas festas de Nadal. A esta serie de actos haberá que sumar as actuacións previstas no PRESCO Cultural, que aprobou este xoves o Pleno, que comezarán o 10 de decembro e serán anunciadas nos próximos días.
Entre as actividades cabe destacar o Belén municipal, que será inaugurado o 10 de decembro, concertos no Teatro Colón como a actuación de Carlos Núñez ou visitas de Papá Noel e os seus paxes aos barrios. Para máis información sobre a programación do Nadal, podes consultas as redes sociais do Concello.