Friday 22 de November de 2024

Nace ‘Coñece Carral no Nadal’, a campaña municipal de fomento do turismo e do comercio


• Desde o 15 de decembro ata o 5 de xaneiro todas as persoas, tanto veciños como visitantes, poderán optar a unha serie de premios por comprar nos establecementos participantes.

• A concelleira de Turismo, Lucía Vázquez, destaca que “o que buscamos é que quen veña a Carral, ademais de aproveitar a súa visita para coñecer o municipio, teña a posibilidade de participar nos premios a través do consumo nos establecementos”.

Hoxe, venres 3 de decembro, publícanse as bases da campaña ‘Coñece Carral no Nadal’ coa que o Concello pretende fomentar a actividade turística e as compras no comercio local.

Desde o 15 de decembro ata o 5 de xaneiro todas as persoas, tanto veciños como visitantes, poderán optar a unha serie de premios por comprar nos establecementos participantes, enchendo con tres selos diferentes o vale que se lles entregará na primeira compra e depositándoo nunha das urnas que atoparán en calquera dos locais adheridos.

O 13 de xaneiro realizarase un sorteo no que se repartirán os seguintes premios: proxector de cine, cesta con produtos gourmet¸escapada de fin de semana nun hotel de 4 estrelas, robot aspirador, cesta con ibéricos, butaca relax, un cadro e unha sorpresa a maiores, máquina limpadora de auga a presión, unha pota e unha cafeteira e, por último, un agasallo sorpresa. Cada persoa só pode ser beneficiaria dun premio.

A concelleira de Turismo, Lucía Vázquez, destaca que “o que buscamos é que quen veña a Carral, ademais de aproveitar a súa visita para coñecer o municipio, teña a posibilidade de participar nos premios a través do consumo nos establecementos”.