Sunday 24 de November de 2024

O Concello de Touro mellora a eficiencia enerxética da súa casa consistorial


O Concello de Touro afrontou a eficiencia enerxética da casa consistorial, ubicada na rúa Isabel II. Os traballos, que comenzaron no mes de agosto e xa están rematados, consistiron na sustitución das ventanas das dependencias municipais. O proxecto permitirá reducir o consumo enerxético da sede do Concello de Touro e tamén favorecer a sustentabilidade ambiental. O presuposto das obras, executado a través do Fondo de Compensación Ambiental, sumou un total de 46.000 euros. Os arranxos foron feitos pola empresa Construcción Silva & Pampín, con sede no Concello de Touro. A renovación das xanelas tamén axudará a insonorizar o ruído exterior e mellorar a seguridade do edificio consistorial.