• O goberno local ha recibido unha axuda de 100.000 euros a través do GALP Golfo Ártabro Norte para acometer este proxecto.
• A actuación levará a cabo na primeira e segunda planta do edificio e permitiría crear unha aula de formación dixital, outra de formación básica, unha aula de cociña, sala de reunións e un espazo de traballo colaborativo.
O Concello de Miño recibiu unha axuda a través do GALP Golfo Ártabro Norte, que depende da Consellería do Mar, para converter dúas plantas da Casa do Pescador, un espazo infrautilizado ata o momento, no novo Centro Municipal de Emprego, Emprendemento e Formación.
A cantidade, que acaba de ser concedida, é de 100.000 euros de investimento en mobiliario, equipamento informático, climatización, electricidade, que subvencionará ao 100% o gasto previsto polo Concello para crear unha aula de formación dixital, unha aula de formación básica, unha aula de cociña, unha sala de reunións, e un espazo de traballo colaborativo.
A creación do Centro Municipal de Emprego, Emprendemento e Formación na primeira e segunda planta do edificio establecerá un punto de inflexión para a cooperación entre axentes públicos e privados, asociacións de empresarios, consumidores e empresas. O Centro posicionarase como un punto de referencia ao que acudir en busca dun clima laboral e profesional positivo, que conflúe no mesmo edificio a sede do GALP Golfo Ártabro Norte.
Este proxecto representa unha iniciativa innovadora no Concello de Miño, onde nunca se dispuxo dunha aula de formación homologada para impartir cursos a traballadores, desempregados e autónomos nas convocatorias anuais de formación, o que representa unha desvantaxe competitiva que lastra o desenvolvemento local do pobo.