· Terá lugar o domingo, 5 de decembro, ás 18 horas na praza do Concello.
O Concello de Camariñas programou o acendido da iluminación de Nadal para o próximo domingo, 5 de decembro, ás 18 horas. Será na praza do Concello e desde o goberno local invitan á veciñanza á que se acheguen ata alí para desfrutar das actividades programadas.
Haberá inchables para os máis pequenos, darase chocolate con churros ás persoas que vaian, o coro municipal ‘Brisas do Mar’ amenizará a tarde e, ademais, haberá neve na praza!