As entradas xa mercadas serán válidas para esta nova data e as persoas que prefiran a devolución poderán facela efectiva a partir deste 3 de decembro
O concerto que Van Morrison ía ofrecer este venres 3 de decembro no Coliseum da Coruña queda aprazado ao 31 de marzo, ás 20.30 horas, debido a motivos de saúde do artista. A organización puido confirmar as novas datas das actuacións do artista británico en Madrid e A Coruña.
Esta xira polo país trasládase ao primeiro trimestre do 2022. As entradas adquiridas para o concerto da Coruña serán válidas para esta nova data e os seus portadores non deberán facer ningunha xestión. As persoas con billete que prefiran a devolución do importe poderán solicitalo a partir desde venres e durante un prazo de 15 días na súa canle de venda. As persoas que usaron a plataforma Ataquilla recibirán un correo electrónico cunha ligazón a una solicitude de devolución. Quen mercou a entrada na praza de Ourense, deberá achegarse á taquilla.
A organización do evento quixo amosar as súas desculpas polas molestias que este aprazamento puidese causar aos asistentes.