· Celebrarase desde o venres 3 ata o domingo 5 de decembro.
· Participan os locais de hostalería Nordeste, Cervexaría Bitácora, Chiringuito San Xiao e Taberna Bardancas.
Desde este venres, 3 de decembro, e ata o domingo 5 de decembro celebrarase a III Edición do Concurso de Tapas “Saborea Cariño”. No mesmo participan a locais Taberna Bardancas, Nordeste, Cervexaría Bitácora, Chiringuito San Xiao.
Nos locais participantes estarán dispoñibles os folletos para participar no concurso, e o público poderá votar pola ‘ Mellor Tapa do Público 2021’, introducindo o seu voto nas urnas dispoñibles nos establecementos e entrando no sorteo de varios agasallos. Ademais, tamén haberá un xurado profesional que degustará todos os petiscos e farán unha valoración final para elixir o primeiro e o segundo premio.
Nesta edición tamén estará activa a app “Quedamos de tapas”. Os usuarios que lla descarguen -de maneira gratuíta na App Store e na Play Store- poderán consultar en que consisten os pratos, se conteñen alérgenos e as localizacións dos locais participantes.
O concelleiro de Cultura, Jonathan Miranda, lembrou que “recuperamos o concurso de tapas despois dun ano” e destacou a importancia deste tipo de iniciativas de lecer para “dinamizar a economía” e “xerar actividade” no municipio.