Friday 22 de November de 2024

José Luis Vizoso Vázquez recibe o distintivo de permanencia como voluntario no corpo de Protección Civil de Miño


O voluntario de Protección Civil miñense José Luis Vizoso Vázquez foi galardoado o pasado domingo en A Estrada co distintivo de permanencia no corpo de Protección Civil de Miño.

A cita, na que estivo presente o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, tivo lugar no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública. Este recoñecemento pon en valor o labor dos premiados, así como o seu compromiso co servizo público galego.

Desde o Concello de Miño reiteramos o agradecemento a José Luis e ao resto de persoas que forman o grupo de Protección Civil local e que velan cada día pola seguridade e benestar tanto de veciñanza como de visitantes.