Tal e como estaba programado, operarios da empresa Nemesio Ordóñez procederon no día de hoxe á pavimentación da rúa Abesadas en Riveira.
Esta acción incardínase nunha actuación para renovar o asfaltado de seis vías (catro en Riveira, unha en Carreira e a mencionada en Aguiño), cuxo firme estaba deteriorado.
Xa foron pavimentadas a rúa que descorre paralelo ao CEIP Frións (Carreira) e a rúa Cobasa en Aguiño. Proximamente actuarase noutras tres vías da cidade: Mendiño, Sorribas e Lugo.
O importe global desta acción ascende a 76.306,92 euros.